InicioCentralFozInstalado o punto de información violeta para as festas do Carme de...

Instalado o punto de información violeta para as festas do Carme de Foz

A concelleira de Muller e Igualdade destaca que “o persoal de Mulleres en Igualdade que atende este punto violeta está perfectamente cualificado para facilitar todo tipo de información, dando cobertura e apoio no caso de necesitalo ante calquera posible vítima ou persoa que así o demande”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Foz, nestas festas do Carme que estamos a vivir, acaba de instalar hoxe, venres, un punto de información violeta, “un espazo onde a finalidade é previr, sensibilizar, atender e informar de maneira personalizada ao público en xeral, ademais de dar axuda e apoio a calquera vítima de agresión sexista, acoso ou abuso sexual de calquera índole”, anunciou a concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, quen engadiu que “a finalidade deste espazo non é outra que a de informar, concienciar e previr para disfrutar das nosas festas de Foz baixo o respecto e as relacións cordiais cara ás mulleres”.

Que todas as mulleres que viven, visitan, veranean ou veñen disfrutar das nosas festas estean libres de calquera acoso, abuso, ou humillación que se puidera dar”, comentou Ana Rojo, quen indica que “este punto está instalado na Avenida da Ribeira, cerca do centro social e do porto deportivo. Atópase debidamente sinalizado, incluso moito antes de chegar a el, para que o público en xeral saiba onde está situado”.

Ademais a concelleira de Muller e Igualdade destaca que “o persoal de Mulleres en Igualdade que atende este punto violeta está perfectamente cualificado para facilitar todo tipo de información, dando cobertura e apoio no caso de necesitalo ante calquera posible vítima ou persoa que así o demande”. O horario de atención ao público é dende as dez da noite ata a unha da madrugada hoxe, venres 15, e mañá, sábado 16. “Boas festas e bo trato de igual a igual!”, remata Ana Rojo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...